Xinzo de Limia Deportes

Xinzo acolleu por segunda vez este ano a festa do Cachibol de Galicia

Organizado pola concellería de deportes e o Centro Sociocomunitario
IMG_20190921_130541

Equipos de Ourense, Vigo e Xinzo déronse cita na mañá do sábado no pavillón de Xinzo para practicar o Cachibol. Rematados os partidos, nos que ningún equipo gaña, todos os participantes recibiron de mans de Elvira Lama, Luis M. Gil e o diretor do Centro sociocomunitario de Xinzo as medallas.

AGRADECEMENTOS POR PARTE DO CREADOR DO DEPORTE EN GALICIA

IMG_20190921_125948O presidente da asociación de Vigo na que naceu este deporte para menores de 90 anos agradecer a acollida que teñen sempre por parte do Concello de Xinzo dende o primeiro día que quixeron comezar a practicar este deporte.

O presidente quixo presentar a deportista que máis partidos leva disputado, catrocentos, tan solo en sábados, máis os dos mércores, dia de adestramento co seu equipo e con tan solo 82 anos.

Despois foi a representante do equipo ourensán que agradeceu persoalmente a técnico de deportes de Xinzo  Oscar, organizador de tódalas veces que xa estiveron presentes, ademais de ser o adestrador do equipo de Xinzo.

IMG_20190921_130355

IMG_20190921_130255