Xinzo podería ser a sede permanente do curso de adestrador básico UEFA B
As clases comezan este mércores na Casa da Cultura
Despois do éxito acadado polo curso de monitor de fútbol base celebrado o ano pasado, a Federación Galega de Fútbol,s pensa en que Xinzo sexa sede permanente doutro curso de adestradores, cuxa primeira edición foi presentado esta s mañá no Concello.
O curso que comezará este mesmo mércores será o de adestrador básico UEFA B. Nestes momentos xa hai unha vintena de persoas de Xinzo, Verín, Allariz e Ourense que seguirán o curso dirixido por Manuel Mosquera , director da escola de adestradores da FUTGAL, tendo como técnico deportivo a David Carnero.
Acompañaron na presentación do curso, no salón de plenos do Concello aos técnicos o concelleiro de deportes Luís M. Gil e o alcalde de Xinzo Antonio Pérez.