AFAOR presentou o que vai a ser o curso “Paraugas ao Alzhéimer”
Maiara Esteban e Miguel Lázaro explicaron con detalle o desenrolo do programa completo
Tal e como estaba programado na tarde de onte mércores representantes da asociación AFAOR desprazáronse ata Xinzo para dar comezo o curso denominado “Paraugas ao Alzhéimer” que en colaboración coa fundación Barrie e o Concello de Xinzo se vai a desenrolar ao longo dos seguintes meses.
A presentación dos poñentes estivo a cargo da alcaldesa Elvira Lama que estaba acompañada polo concelleiro de Servicios Sociais do Concello así como o equipo de traballadoras sociais do servicio.
Primeiro foi Miguel Lázaro coordinador de AFAOR o que presentou a asociación os seus fins e a forma de traballo.
Logo foi Maiara Esteban, educadora social a que xa entrou un pouco máis nos detalles de como se vai a realizar o curso nas vindeiras semanas comezando por falar sobre o que os presentes coñecen sobre as enfermidades de demencia, dentro dás que se atopa o alzhéimer, obxecto do curso.
O curso en si vai dirixido a todas as persoas coidadoras de enfermos con esta patoloxía, entrando en algún momento xa no intercambio de opinións sobre os puntos a tratar con aqueles presentes que xa están levando a cabo esa función con familiares.
Aínda está aberto o prazo para anotarse, sendo totalmente gratuito. Todos aqueles que queiran participar das charlas pódeno facer nas oficinas de SS.SS. do Concello.