Asinado o convenio entre o Concello de Xinzo e a “aecc”
A atención aos usuarios será totalmente gratuita
Hoxe desprazouse ata Xinzo a presidenta da Asociación Española contra o cancro Dora Gomez para a firma do convenio de colaboración co Concello de Xinzo representado polo seu alcalde Manuel Cabas.
Acompañaban ao alcalde a traballadora social Kelly Pereira que será a responsable da oficina de Xinzo e a concelleira de SS.SS. Silvia Blanco.
OFICINA NA ESTACIÓN DE AUTOBUSES
O Concello cederá un local nas oficinas que ten servizos sociais na estación de autobuses e terá atención ao público todos os martes de 9 a 15 horas. Esta oficina estará directamente xerenciada pola asociación e ao fronte estará a traballadora social da asociación Kelly Pereira.
Desta maneira poderán atender a todas aquelas persoas relacionadas dalgunha maneira co fin principal da asociación atendendo non solo a pacientes se non tamén a familiares e a calquera persoa interesada.
CHARLAS DE INFORMACIÓN E FORMACIÓN
A oficina quedou atendida dende o día de hoxe e ademais de información programará charlas de información e formación sobre temas relacionados co cancro.
SUBVENCIÓNS E AXUDAS
Unha das facetas importantes que levará a cabo a asociación que agora se implanta en Xinzo, pero atenderá a todos os veciños da Limia será a de solicitar as axudas e subvencións e o préstamo de material ortoprotésico, así como orientación sobre outras prestación económicas que se poidan solicitar. Tamén poñen a disposición dos posibles usuarios pisos de acollida que a asociación ten espallados por toda España.
Recordar que todos estes servizos serán totalmente gratuítos.