Xinzo de Limia Educación

O alumnado do CMUS de Xinzo celebrou o día da música 2019

Marcos Díaz deu unha clase maxistral de guitarra clasica

concerto 1

O alumnado do CMUS de Xinzo celebrou o día da música 2019

Marcos Díaz deu unha clase maxistral de guitarra clasica

IMG_9642

Co auditorio da Casa da Cultura practicamente abarrotado tanto de alumnado, familiares e profesorado do Conservatorio  Marcos Díaz deu un concerto de guitarra clásica con pezas de Albéniz, Tarrega, Morel ... etc dentro dun repertorio onde non faltaron “Capricho Árabe, recuerdos de la Alambra  para rematar nun bis con  Romance Anónimo,  que puxo de pe por segunda vez na noite ao público do auditorio, a maior parte deles nenos e nenas , estudantes do conservatorio, que mantivo durante toda a actuación un silencio sepulcral. Segundo nos comentaba despois a directora do Conservatorio, sempre ocorre o mesmo, cando vamos fora, felicítannos pola atención e o silencio que manteñen os nosos alumnos.

Ao concerto asistiron a alcaldesa Elvira Lama, o concelleiro de Cultura Ramiro Rodríguez e o portavoz do PP acompañado do ex – alcalde Manuel Cabas.

Unha vez rematado o concerto tanto profesorado como os representantes do concello mantiveron un coloquio co protagonista da noite Marcos Díaz.

 

Marcos Díaz, un guitarrista afamado e prestixiado en todo o mundo

concerto 2Recoñecido polo seu elegante musicalidade, mestría técnica e rigor estilístico, Marcos Díaz gañou eloxios entusiastas tanto do público como dos críticos en todo o mundo, consolidando unha reputación que lle sitúa entre os mellores guitarristas clásicos da súa xeración. Finalizados os seus estudos musicais no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, baixo a dirección do Mestre José Luis Rodrigo e onde obtivo o "Premio Extraordinario Fin de Carrera de Guitarra", participa activamente en clases maxistrais cos máis prestixiosos intérpretes do panorama guitarrístico internacional como David Russell, Manuel Barrueco, Sergio & Odair Assad...

 Galardoado co Primeiro Premio no I Concurso de Guitarra "Ciudad de Ourense", Marcos Díaz inicia unha brillante traxectoria que o leva a participar como solista en importantes salas de concerto e algúns dos Festivais e Ciclos Internacionais de Guitarra máis renombrados de Europa e Estados Unidos.