A capital da Limia da inicio este sábado ao único Curso de Dirección de Banda homologado pola UNED en España
Xinzo de Limia consolídase como sede dun dos cursos de formación musical superior máis importante do país
Este ano levarase a cabo a segunda edición da Curso de Iniciación á Dirección de Banda e a primeira de Perfeccionamento.
O obxectivo principal desta formación é fomentar o estuda da dirección orquetral, ademáis de ofrecer recursos técnicos e artísticos para o desenvolvemento da condución de grupos instrumentais.
Xinzo de Limia dará inicio este sábado, día 13 de outubro ás 16:30 horas, a dous cursos de Dirección de Banda homologados pola Universidade Nacional de Educación a Distancia. O acto de inauguración terá lugar no local da Escola Galega de Dirección de Banda da vila antelá. Á segunda edición do curso de Iniciación que tanto éxito de alumnos acadou o pasado ano, únese a primeira da modalidade de Perfeccionamento, pensado específicamente para os alumnos que o pasado curso académico superaron con éxito o primeiro dos niveis.
A formación terá lugar na Escola Galega de Dirección de Banda da capital limiá, dirixida por José Luis Tielas, director á súa vez da Agrupación Musical da Limia. Trátase dunha actividade formativa de carácter presencial que se desenvolverá entre os días 12 de outubro de 2018 e 10 de marzo de 2019. Cun total de 70 horas lectivas , o curso engloba as técnicas de estudo, análise e orquestación con diferentes profesores especialistas na materia. O obxectivo principal desta formación é fomentar o estuda da dirección orquetral, ademáis de ofrecer recursos técnicos e artísticos para o desenvolvemento da condución de grupos instrumentais.
O curso estará ademáis recoñecido con 2 créditos ECTS e 4 créditos de libre configuración. O coordinador será o director limián José Luís Tielas Santiago, quen ademáis coordina a Escola Galega de Dirección de Banda e está dirixido a músicos de camquera especialidade instrumental en posesión do Grao Profesional de Müsica ou unha titulación equivalente.
Ademáis de contar con profesorado de primeiro nivel procedente de diferentes conservatorios profesionais de Galicia, esta edición contará tamén con ponentes internacionais de primeiro nivel como o prestixioso director de orquestra, Nigel Douglas Bostok; o profesor do Instituto Superiore Europeo Bandístico (ISEB) de Trento (Italia), Andrea Loss; ou o profesor de Dirección de Orquestra de Vento no Conservatorio de Maastricht, Jan Cover. A eles uniranse outros profesionais como Francisco José Andreo, Toni cantal ou Javier Quinteiro; nun claustro de profesores que, en palabras de Tielas, “é o mellor que se podería ter”.
Tralo período de matriculacións, a demanda deste curso voltou superar a oferta. Con once alumnos na modalidade de iniciación e dezaséis na de perfeccionamento, foron trinta as persoas –de toda Galicia e mesmo de Portugal– que quedaron sen praza.
Ao longo do curso, celebraranse até cinco encontros especiais, consistentes en clases técnicas, teóricas e prácticas coa Agrupación Musical da Limia, a Coral Santa Mariña ou as Bandas do Conservatorio de Ponteareas, de Bembibre e de Tenorio. Tielas tamén afirmou que se van levar a cabo concertos finais con diversas bandas e agrupación de toda a xeografía peninsular, incuído un na irmandada vila portuguesa de Ponte da Lima, co obxectivo de “expandir o núcleo da Escola por España e Portugal”.