Os escolares de Xinzo aprenden sobre apicultura sostible co medio ambiente
-
A exposición incide na relevancia das abellas para a agricultura, o paisaxe e a biodiversidade.
-
Os dous CEIP de Xinzo de Limia visitaron a exposicións instalada na Casa da Cultura.
Xinzo de Limia, a 03 de xuño de 2024. Nos últimos días máis de 300 alumnas e alumnos dos CEIP Rosalia de Castro e Carlos Casares visitaron a exposición didáctica “1000 e 1 abellas, apicultura sostible para preservar o Planeta” que organiza a Fundación Osíxeno en colaboración con Ecoembes, a través do proxecto RECICLOS e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
As visitas guiadas estiveron dirixidas polos educadores ambientais Celia Navarrete e Marcos Miguel, que a través dos elementos e paneis expostos tentan concienciar e sensibilizar á xente nova sobre a problemática da redución das poboacións de insectos polinizadores silvestres.
A exposición tamén incide na relevancia das abellas para a agricultura, o paisaxe e a biodiversidade, abordando así o problema dende diferentes puntos de vista. Orixe, situación actual, beneficios e prexuízos, problemas xerados e con elo, tamén a busca de alternativas, cambios dos nosos hábitos de consumo, fomento a educación, formación e investigación.