Xinzo de Limia Educación

Nova reunión coas ANPAS dos CEIP de Xinzo

Abordouse a posta en marcha da aula de madrugadores

IMG-20181107-WA0027

Os representantes das ANPAS do centros de primaria Carlos Casares e Rosalía de Castro, volvéronse a reunir co concelleiro de Educación Luís M. Gil para tratar de  matizar as últimas decisión para a posta en marcha da aula de madrugadores.

UNHA SOLA AULA PARA OS DOUS CENTROS

A  primeira das decisión que se tomaron foi a de que a aula sexa nun solo centro. Desta maneira o custe de monitor ou monitores que farán falla, segundo o número de nenos e nenas que vaian acudir, será a metade, de tela  en cada centro. Acordouse que a aula estivera no Rosalía de Castro. Segundo transmitiron os representantes dos país  e nais de cada centro o número de rapaces e rapazas que acudirían a esta aula estaría entre os 15/20 neste primeiro ano.

A apertura da aula sería a partir dás 07:30 e remataría as 9:00 , hora de entrada do alumnado do Rosalía.

 

COTAS DE MES ENTEIRO , MEDIO MES E BONOS DE 20 DIAS

Outro dos acordo tomados foi que os proxenitores teñan a posibilidade de coller os bonos mensuais, de medio mes e outro bono de 20 días que irían consumindo ao longo do curso, en días que se necesitase por calquera motivo persoal. Desta maneira entenden que todos os país e nais necesitados poderían conciliar a súa vida laboral coa familiar na maioría dos casos. Entendendo tamén que as particularidades serán estudadas.

O custe do servizo, que estará totalmente asumido polas ANPAS  a repercutir a cada participante no servizo, aínda está pendente do custe do transporte, que mañá mesmo o concelleiro negociará coas diferentes empresas e taxistas de Xinzo, dependendo da necesidade. Unha vez  se teña ese custe e co incremento de asignación por parte do Concello para axuda as ANPAS, poderase cuantificar  o custe do servizo por alumno,alumna.

Outra das cuestións nas que estiveron de acordo e no comezo do servizo, que sexa canto antes, aínda que nas datas en que está o trimestre o máis normal é que sexa xa para o trimestre que ven.

 

MALESTAR NO CARLOS CASARES

Os representantes dos país e nais do Carlos Casares transmitiron ao concelleiro o malestar que está acontecendo no CEIP Carlos Casares  co alumnado de infantil, posto que unha das profesoras tivo que asumir a xefatura de estudos do centro e a Administración, ademáis de haber aulas con 26 alumnos; e dende a Consellería de Educación non enviaron persoal de apoio. O representante quedou en solicitar a Xefatura Provincial unha explicación e solución a este problema.