Xinzo de Limia Educación

Recepción no concello ao alumnado de intercambio de Francia

Foron recibidos polo concelleiro de Educación Luís M.Gil e o de Cultura, Carlos Gómez

IMG_0153

Dende o mércores pasado atópanse en Xinzo 39 alumnos e alumnas do instituto Xoan XIII , sito no pobo de Quintín no norte da Bretaña francesa que están de intercambio con 38 alumnos e alumnas do IES. Cidade de Antioquía de Xinzo.
IMG_0122Este ano e o noveno, consecutivo, que os dous institutos intercambian alumnado durante unha semana, coa característica principal, segundo comentaron as profesoras encargadas, que durante o intercambio están  vivindo con familias. Isto fai que o contacto co lugar sexa mais profundo, tendo que falar no idioma do país.
Todo isto son relación diplomáticas
A  profesora de Xinzo, responsable de levar o intercambio, ano tras ano, agradeceu ao Concello de Xinzo a acollida e a axuda, ao igual que ós país de Xinzo que se encargan de axudar na recadación de fondos.Sen todas estas colaboracións todo isto non sería posible, polo que,  este acto ten que ser un acto diplomático, ao igual que o trato entre o alumnado que temen ten que ser diplomático para que a estadía no noso pobo sexa agradable e produtiva en todos os aspectos, educativo, formativo e de relacións.
O ALUMNADO DE XINZO FAI UN INTERCAMBIO DE 15 DÍAS
IMG_0128Os rapaces e rapazas de Xinzo soen ir tres anos consecutivos a partir dos 15 anos e aproveitan a viaxe tamén para facer turismo. Eles botan en Francia 15 días, e aparte de ser un intercambio educativo, convertese nunha experiencia  de vida, tendo que convivir cunha familia que non coñecen, comendo moitas veces cousas que nunca a viron.
 O alumnado de Xinzo devolveralle a visita no mes de marzo.
IMG_0144

Finalizada a recepción os representantes municipais de Xinzo fixéronlle entrega de varios agasallos entre os que se atopaban unha representación dunha Pantalla para o centro e un libro sobre a vida de Carlos Casares, editado co gallo das Letras Galegas 2017, así como un chaveiro e postais, para cada participante.

O Instituto ten máis alumnos que habitantes o pobo
A profesora responsable do intercambio por parte do Instituto francés, manifestou  que este intercambio é moi importante para o alumno, para o seu desenrolo, social e cultural e non solo lingüístico que si é importante, pero temen para saber disfrutar da vida dunha maneira diferente, e a coñecerse un pouco mellor. Do instituto Xoan XIII viñeron 4 profesores, dun claustro pouco visto nos nosos, posto que eles son 1.050 alumnos, nun pobo que  non chega aos 1000 habitantes.