Xinzo de Limia Entroido

Cambios no percorrido do Meco

Por motivos de seguridade

IMG-20190213-WA0004

A comisión do Entroido  da que forman parte tamén os concelleiros de Cultura e Urbanismo, acordou o cambio de percorrido do traslado do Meco dende a praza de Oriente ata a praza Maior. Por motivos de seguridade ante a  esperada chegada a Xinzo de grupos, tanto contratados pola organización, como de outros, sobre todo da zona do sur de Pontevedra que anunciaron a súa presenza para participar activamente da festa do sábado e do domingo, a comisión por motivos de seguridade. Non esquecer a cantidade de fumo que se fai cos fachóns, cambiará e da praza de saída irá pola rúa do Peto e a Avd. De Ourense ata a Praza Maior onde se procederá o colgamento do Meco.

Precisamente por este cambio de percorrido, xa se comezou a colocar os adornos das rúas do casco vello.

Será un fin de semana dos máis grandes do Entroido, non solo pola cantidade, se non da calidade.

Tanto as comisións pasadas como esta, pretenden que este fin de semana sexa o máis tradicional de todos os fins de semana. A asociación A Pantalla, encargada case o 100% da organización, tanto do Meco como do Oleiro, anima a todos os seus socios, e a aqueles que non o son a que saian as rúas totalmente caracterizados de época.

MAIS DE 500 OLAS

Máis de cincocentas olas chegarán a Xinzo este venres as cales serán gardadas e custodiadas pola asociación A Pantalla, para sacalas a rúa o domingo, tanto pola mañá no Oleiro Infantil, como pola tarde no “Sénior”.

MOITA MÚSICA DE RÚA

Moitas son as actuacións contratadas nos escenarios postos pola comisión. O venres pola noite tocaralle a Tiruleque e Pelepau. O domingo será o grupo O Fiadeiro.

Ademais haberá grupos de rúa dende a mañá como son Melidaos, Tanto nos Ten e Abobriga.

Tamén se espera que  varios grupos de Xinzo e da comarca participen facendo música polas rúas con cantareiras e bailadores.

Si o tempo acompaña, teremos un Oleiro moi bonito e participativo. Manifestan os membros da comisión organizadora