O MECO, XA PRESIDE O ENTROIDO 2020
Por primeira vez na historia foi “colgado” por unha muller
Como xa é costume entre lusco e fusco, máis ben fusco, comeza na praza de Oriente a “procesión” do Meco acompañado polo Touro, ben custodiado polos veciños, e con lume de fachucos e música a cargo de bandas de músicos dos anos 50 e con veciños ataviados con vestimenta de época. Neste ano o grupo invitado dos outros entroido a participar poñendo a música foron os do fulión de Viana do Bolo.
A súa chegada a praza Maior despois de colocarse o carro que transporta o Meco ao carón do ferro onde se colgará para presidir o Entroido procederase o acto de Colgamento.
PRIMEIRA MULLER NA HISTORIA EN COLGALO, QUE SE SEPA
Este ano rompeuse coa “tradición” de que sexa un home o que faga o colgamento, executándoo por primeira vez unha muller.