Xinzo de Limia Entroido

O Entroido deste ano, terá outra vez puntos violeta, repartidos estratexicamente

Non queremos un entroido de borracheira, manifestou na rolda de prensa a Alcaldes
DSC_0782

Elvira Lama, acompañada de Adriana Jiménez, membro da comisión do Entroido deste ano e de anos anteriores; o Concelleiro de Cultura; o Tenente da Garda Civil de Xinzo e o Inspector Xefe da Policía Local presentou esta mañá os puntos violeta e as unidades de sensibilización e prevención que se van por en marcha neste Entroido.

DSC_0767Estas accións non son unha novidade, posto que estes puntos xa estiveron activos o ano pasado, con 7 puntos onde a xente se pode dirixir ante calquera tipo de ataque, agresión ou problema sexual ou sexista. Non obstante, a pesar da eficacia nas edicións pasadas, a alcaldesa destacou que quere “dar un paso máis”, implantando un punto fixo na Praza Maior durante os días venres, sábado, domingo e luns do Entroido, coa intención de formar e informar sobre diversos temas como a sumisión química ou os perigos das citas a cegas.

Elvira Lama remarcou tamén a presenza de xente da comisión ao cargo de cada unha das charangas e dos puntos en 7 espazos para que as vítimas saiban onde acudir. A maiores, o Entroido contará tamén cunha ambulancia con xente especializada. “Todo isto para que as mulleres poidan sentirse máis seguras, para que este Entroido sexa de tolerancia cero”, foron as palabras da alcaldesa.

Nesta liña, destacouse ademais a finalidade informativa, formativa, concienciadora e sensibilizadora das unidades de prevención, “para que sexa unha festa de todos, unha festa igualitaria onde non teña cabida nin o machismo nin ningún tipo de agresión”. Ademais, Lama lanzou unha mensaxe para todos aqueles que foran coa intención dun entroido de borracheira, alentándoos de que “o que veña a Xinzo baixo os efectos do alcohol mellor que se quede na súa casa”.

DSC_0771

Finalmente, fixo alusión a alcaldesa ás palabras do alcalde doutro Concello: “non queremos un entroido de borracheira”. Elvira Lama uniuse a esa máxima, mencionando o Plan de Autoprotección con dous aneis tanto no entorno da vila como no extrarradio ao que van a convidar a rutas, autobuses e demais a que se queden no entorno do instituto para non dar facilidades para deixar o centro de Xinzo feito unha “letrina” como adoita suceder.

A rolda de prensa rematou coa reiteración da necesidade de desenvolver un “Entroido seguro e libre de agresións” e destacando a importancia da comisión organizadora co seu plan de ir máis alá para que ningunha persoa se sinta insegura nun entroido de todos e de todas, en liberdade e igualdade.