Xinzo de Limia Entroido

Récord de visitantes ao museo galego do entroido

Media hora de espera, tempo de espera para visitalo

IMG_20190224_172339

No primeiro día de Entroido, despois da súa apertura, o Museo Galego do Entroido, tivo que facer colas de mais de media hora para visitalo. A xente estaba sorprendida de que fora totalmente de balde a visita e preguntaba si solo era por ser Entroido.

DOUSCENTOS VECIÑOS DE SADA

IMG_20190224_173528

 

Máis de douscentos veciños de Sada trasladáronse no domingo de mañá en autobuses para vivir o Entroido de Xinzo. Despois de mergullarse no Entroido, comida nun restaurante da vila para despois de 50 en 50 visitar o Museo Galego do Entroido.

IMG_1158

Cristina e Daniel animadores culturais do concello de Sada, manifestaron que estaban sorprendidos primeiro pola cantidade de pantallas, por tanta muller de pantalla e sobre todo pola cantidade de nenos e nenas pequenas xa vestidas co traxe de Pantalla.

Tamén quedaron sorprendidos pola participación dos veciños na rúa e polos diferentes grupos teatralizados.

Non puideron quedarse pola noite porque en todo Xinzo, non había prazas hoteleiras e non puideron vir máis, tendo que quedar unhas 30 persoas máis que estaban anotadas porque non había prazas nos restaurantes libres para comer.