Xinzo de Limia Entroido

Todo preparado para o Desfile Infantil do Entroido 2019, do venres en Xinzo

Case 2.000 persoas

DESFILE INFANTIL 19

Case 2000 persoas; alumnado, mestres, música, ANPAS, ...; participarán directamente no Desfile Infantil a celebrar dentro do calendario do Entroido de Xinzo.

Case todos centros educativos da comarca e dos concellos de Cualedro e Bande;  CEIP, IES, Escolas Infantís e Garderías, desfilarán dende as 11:30 dende a Avd. de Ourense dende o cruzamento coa rúa da Igrexa para continuar pola Avd. de Madrid e  rúa Rosalía de Castro para rematar no CEIP Rosalía cun fin de festa onde haberá chocolate, bica e música para todos os participantes.

REUNIÓN PARA MATIZAR TODOS OS TEMAS

Esta mañá celebrouse no Salón de Plenos do concello unha reunión na que participaron os representantes dos centros da comarca coa Policía Local, Protección Civil de Xinzo e co concelleiro de Educación Luís M. Gil.

Na mesma analizaron o percorrido do alumnado ata chegar ao punto de partida e as medidas a tomar polas forzas de seguridade.

Neste senso a Policía Local solicita de todos os veciños e os repartidores de mercancías que a partir das 11:00h non aparquen nas rúas S.Roque, Constitución e rúa da Igrexa así como Marcelo Macías, posto que por elas irán chegando os participantes para reunirse ao comezo do desfile.

Por outra banda a Avd. De Ourense estará cortada dende a Estación de buses e Avd. De  Madrid dende o cruzamento coa rúa San Sebastián , así como a rúa Rosalía estarán cortadas mentres dure o desfile. Usen as rutas alternativas durante ese tempo.

MOITA MÚSICA

Seis charangas e  gaiteiros serán os que poñan a música “oficial” do desfile, ademais dos diferentes equipos de música que achegarán os grupos participantes.

Este ano volverase a bater o récord de participación de anos anteriores en canto a participantes no desfile infantil, como en acompañantes anotados.