Xinzo de Limia nel Festival Internacional de Máscaras Ibéricas
“Foi unha viaxe esgotadora, moi intensa e, sobre todo, unha viaxe que mereceu moito a pena” Ricardo Sieiro
Xinzo de Limia foi convidado, unha vez máis, ao Festival Internacional de Máscaras Ibéricas en Lisboa, que xa vai pola súa treceava edición.
Esta invitación vén motivada polo gran valor do patrimonio cultural e inmaterial que supón este festexo, a súa tradición, significado e atrezo.
Neste importante encontro, onde as diferentes culturas do entroido teñen o privilexio de coñecerse e confraternizar, celebrouse, ás 16:30 da tarde, o desfile de todos os invitados. Paralelamente, tamén se celebraron conferencias, exposicións de máscaras e traxes...
Onte, ás 7:00 da mañá, máis de corenta participantes entre pantallas e músicos, arrincaban cara a Lisboa para representar o entroido limiano en Portugal.
Segundo Ricardo Sieiro, Concelleiro de Urbanismo e tamén vestido de pantalla “Foi unha viaxe esgotadora, moi intensa e, sobre todo, unha viaxe que mereceu moito a pena”.
Agradecer á organización esta invitación onde moitas persoas do ámbito internacional tiveron a honra de coñecer a importancia cultural e estética do noso entroido.