Xinzo de Limia Entroido

Xinzo de Limia presenta o Entroido 2025: máis dun mes de festa, tradición e música

  • Do 8 de febreiro ao 9 de marzo, Xinzo de Limia celebrará o Entroido máis longo de Europa.

  • La Duendeneta, Leticia Sabater e a orquestra Kubo, entre os grandes atractivos deste ano

  • Xinzo reafirma o seu lugar como capital do Entroido en Galicia e Europa

Presentación do Entroido 2025
Presentación do Entroido 2025

Xinzo de Limia, a 15 de xaneiro de 2025. O Entroido de Xinzo de Limia, recoñecido como Festa de Interese Turístico Internacional, arrancará o sábado 8 de febreiro co tradicional Petardazo e prolongarase ata o domingo 9 de marzo co Domingo de Piñata, nunha edición que reafirma o seu carácter como o Entroido máis extenso e único de Europa.

Organizado pola Concellería de Festas, dirixida por Ricardo Sieiro, o programa deste ano aposta por un Entroido seguro, accesible e con actividades para todas e todos, co obxectivo de ofrecer unha experiencia de calidade tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.

O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, subliñou: “O Entroido de Xinzo é unha cita imprescindible, non só para a nosa vila, senón para toda Galicia e máis aló. É un orgullo convidar a todas e todos a participar nunha celebración que pon en valor a nosa cultura, a nosa tradición e a nosa hospitalidade.”

A música será unha das grandes protagonistas do Entroido 2025, con máis de 60 pases de charangas e a participación de máis de 40 grupos e artistas ao longo dun mes de programación. Entre os nomes destacados atópanse La Duendeneta, a orquestra Kubo, que pechará o Domingo de Piñata, e a actuación especial de Leticia Sabater na 1ª Festa Glam Entroido.

Con máis dun mes de actividades, Xinzo de Limia converterase no epicentro da festa, a cultura e a diversión, ofrecendo a todas e todos unha oportunidade única para vivir o Entroido máis longo de Europa. Este Entroido aspira a ser, unha vez máis, un referente de calidade, tradición,  modernidade e seguridade.

 

ENTROIDO 2025

O sentimento dun pobo

Programa completo

 

8 DE FEBREIRO  SABADO PETARDAZO

21:00  Praza de San Roque previo petardazo  con JACKLOOPS, LETHX SOUND, MUIÑOS E JOHN CHRST     

23:00  Praza Carlos Casares comezo do espectáculo A GRAMOLA TOUR LIFE

00:00  Praza Carlos Casares PETARDAZO BENVIDA ENTROIDO 2025 

00:10  Praza Carlos Casares comezo do pasarrúas con XITUMA BATUKE

00:15  Praza Carlos Casares A GRAMOLA TOUR LIFE 

00:30  Praza de San Roque segue a festa con JAY RODRIC (intro), LA VERA NOTTE e DANI RODRIGUEZ

01:00 Comezo do pasarrúas con ACHICORIA

02:00 Segundo pase con XITUMA BATUKE

 

9 DE FEBREIRO DOMINGO FARELEIRO

16:30 Saída  do museo do Entroido do carro coa fariña 

17:00 Reparto da fariña e posterior comezo da farelada  na Praza Maior

 

15 DE FEBREIRO SABADO  COLGAMENTO DO MECO

Entre lusco e fusco, o MECO percorrerá o casco vello dende o Museo Galego do Entroido ata a praza de Oriente acompañado de toda a comitiva do Entroido.

19:30 Comezo da procesión do MECO dende a Praza de Oriente ata a Praza Maior pasando por A Sé, Do Peto e Avd de Ourense.

21:00   Rúa Curros Enriquez comezo do Concerto-espectáculo con Vai Rañala Meu e Zurrumalla

 

16 DE FEBREIRO DOMINGO OLEIRO

12:00   Saída dende o MUGAE do carro coas olas

12:30   Oleiro Infantil na Praza Maior

16:30    Saída dende o MUGAE do carro das olas.

17:00     Oleiro na Praza Maior e rúas do casco vello

Durante todo o dia a música e a animación non descansará contando con grupos coma Tarde Piaches, Lirolailo, Os da Pedra Alta, Os Jalos de Antioquía e Aimil por rúas e prazas.

(Agradécese a todas as persoas participantes que porten vestimentas do estilo da primeira metade do século XX)

 

 22 FEBREIRO SABADO CORREDOIRO

21:00   Praza san Roque: Xuntanza de disfraces e grupos de disfraces  para iniciar o baile de corredoiro coa orquestra LOS PLAYERS  (1º pase).

 

PASARRÚAS:

22:00   Charanga Sound Band

23.00   Charanga Élite

00:00   Baile de disfraces  coa orquestra LOS PLAYERS  (2º Pase) 

00:00   Charanga Sound Band

01:00   Charanga Elite 

02:00   Charanga Sound Band

 

23 DE FEBREIRO DOMINGO DE CORREDOIRO

Primeiro día no que as PANTALLAS saen a rúa no Entroido 2025.

12:00 Xuntanza de Pantallas e grupos de Pantallas diante do MUGAE para posteriormente chegar todas xuntas ata a Praza Maior por Dous de maio e Avd de Madrid.

 

PASARRÚAS:

12:00   Charanga  Élite

13:00   Charanga Sound Band

14.00   Charanga  Élite

18:00   Charanga Sound Band

19:00   Charanga  Élite

20:00   Charanga Sound Band

21:00    Charanga  Élite

 

28 DE FEBREIRO VENRES DE ENTROIDO

11:30  Gran desfile infantil polas principais rúas da Vila acompañado pola música das charangas e de grupos de animación.

 

18:00     Animación Infantil. Na Praza Maior

21:00    Praza Maior Primeiro pase da Charanga LOUBAND

22:00    Comezo da  1ª Festa Glam Entroido de Xinzo coa actuación estelar de LETICIA SABATER e Recoñecidos DJS  

( Prégase vir vestidos con temática ochenteira, Brilli Brilli ou similar )

23:30   Praza Maior Charanga LOUBAND

 

1 DE MARZO SABADO DE ENTROIDO

PASARRÚAS:

12:00    Charanga X

13:00    Charanga LOS FUGITIVOS

14:00    Charanga X

18:00    Concerto da AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA. Na carpa da media Lúa do Toural.

 

PASARRÚAS:

18:00    Charanga X

19:00    Charanga ACHICORIA

20:00    Charanga LOS FUGITIVOS

21:00    Charanga PATALEA

21:30  Praza San Roque Orquestra TRÉBOL.

 

PASARRÚAS:

22:00    Charanga LOS FUGITIVOS

22.30    Charanga PATALEA

23:00    Charanga ACHICORIA

00:00    Charanga PATALEA

00:00    Orquestra Trébol .  Na carpa da media Lúa do Toural.

00:30  Praza Maior comezo da actución de LA DUENDENETA

 

PASARRÚAS:

01:00    Charanga LOS FUGITIVOS

02:00    Charanga PATALEA

 

2 DE MARZO DOMINGO DE ENTROIDO

11:00  Alborada coa charanga BANDIÑOS BAND

11:30   Alborada coa Agrupación Musical da Limia

12:00   Charanga PATALEA

12:30   Praza Maior sesión vermú con LA DUENDENETA

13:00   Charanga   ACHICORIA

14:00   Charanga PATALEA    

 

18:00   Charanga LOS FUGITIVOS   

19:00    Charanga PATALEA  

20.00     Charanga ARMANDO JARANA

21:00      Charanga LOS FUGITIVOS

22:00      Charanga ARMANDO JARANA

23:00      Pasarrúas cos FESTICULTORES TROUPE

00:00      Charanga LOS FUGITIVOS

01:00      Praza Maior FESTICULTORES TROUPE

     

3 MARZO LUNS DE ENTROIDO 

PASARRÚAS:

12:00  Charanga ARMANDO JARANA

13:00   Charanga BBB

14:00   Charanga ARMANDO JARANA

 

18:00    Charanga BBB

18:30    Praza Maior ANIMACIÓN INFANTIL

19:00    Charanga BCB

20:00    Charanga ACHICORIA

21:00    Charanga BB+

22:00     Charanga ARMANDO JARANA

22:30      Charanga BBB

23:00      Charanga BCB

23:30      Charanga ARMANDO JARANA

00:00      Charanga BB+

00:30      Charanga ACHICORIA

01:00      Charanga BCB

01:30      Charanga BB+     

 

4 DE MARZO MARTES DE ENTROIDO

12:00     Charanga BBB

13:00    Charanga  BB+

14:00    Charanga BBB

17:00     GRAN DESFILE do Entroido 2025 (Haberá 3000 euros en premios)

19:00     Praza San Roque Orquestra ORIGEN 

19:00     Charanga  BBB

20:00     Charanga  BB+

21:00     Charanga  ACHICORIA

 

 5 MARZO ENTERRO DA SARDIÑA

20:00 Solemne Procesión da Sardiña coa Agrupación Musical da Limia

21:00 Lectura do testamento que deixou a Sardiña na Praza Maior e posterior queima da sardiña.

 

8 MARZO SABADO DE PIÑATA

18:30  Praza Maior Xogo da CUCAÑA 

20:00  Praza Maior Baile de Mascaritas e Capuchóns coa animación musical do DUO EXPLOSIÓN

(Prégase vir disfrazados con capuchóns ou calquera disfrace coa cara tapada)

 

9 DE MARZO DOMINGO DE PIÑATA

12:00   Charanga QUELOQUE´S

13:00   Charanga BCB

14:00   Charanga QUELOQUE´S

17:30   Praza Maior: Actividades Infantís e obradoiros

18:00   Charanga BCB                                                                          

19:00   Avd de Ourense ACTUACIÓN DA GRAN ORQUESTRA KUBO

20:00 Charanga QUELOQUE´S  

21:00    Charanga BCB 

 

ATA O ANO QUE VEN ENTROIDIÑO QUERIDO!

Cartel Entroido Xinzo de Limia 2025
Cartel Entroido Xinzo de Limia 2025