Andaina pola ruta "Franciscana" en Trandeiras
Con motivo da Conmemoración do Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller (25 de Novembro)
o Concello de Xinzo de Limia a través da Concelleria de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar, dentros dos actos programados, vai a organizar unha andaina solidaria para conmemorar este día tan sinalado.A andaina terá lugar o domingo día 25 de novembro, terá como punto de encontro a Praza Carlos Casares, dende o que se partirá en autobús ata o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, onde empezará o percorrido da xa coñecida “Ruta Franciscana”.
Trátase pois dunha ruta circular de dificultade media, cun percorrido aproximadode 6 quilómetros e medio nos que interactúa natureza co patrimonio arquitéctónico e monumental, sendo de visita obrigada o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras e o seu entorno paisaxístico e arquitectónico, o banco de madeira no que sobresáen as súas vistas panorámicas, o Penedo da moura coas súas” Cantarolas” e o Castelo de Porteliña, para rematar coñecendo a pequena aldea de Soutelo de Pena ata chegar de novo o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras.
Unha vez rematada a andaina o autobús recollerá de novo aos participantes para trasladalos á Praza Carlos Casares para alí continuar cos actos, coa lectura dun manifestó condenando a violencia contra ás mulleres, remataran os actos coa degustación dun catering coa intención de confraternizar e sensibilizarnos con todas as vítimas de maltrato baixo o lema “ Fronte á Violencia de Xénero só cabe unha resposta, sen ningún xénero de dúbida. Non”
O horario de saída da Praza Carlos Casares será as 09: 00 da mañá do día 25 de novembro