Xinzo de Limia Institucionales

PRIMEIRO ENCONTRO

Amador Díaz reúnese con Luis Menor para avanzar o proxecto da pista da Armada

Luis Menor comprometeuse a financiar o proxecto da pista da Armada con fondos provinciais.
Luis Menor e Amador Díaz
Luis Menor e Amador Díaz

Xinzo de Limia, a 05 de agosto de 2023.  Nunha reunión mantida este venres pola tarde en presenza de varios concelleiros e do rexedor Amador Díaz, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mostrou a súa confianza e compromiso coa ambiciosa axenda do goberno local. 

Durante o encontro tratáronse temas concretos de gran importancia para o Concello de Xinzo de Limia, como pode ser a renovación do firme na pista da Armada: unha demanda veciñal dos últimos anos que Luis Menor recolleu comprometéndose a executala a curto prazo con fondos provinciais. Non só se tratou esta obra, senón que tamén se repasaron as necedidades máis urxentes para Xinzo de Limia, facendo fincapé naquelas que requiren de colaboración supramunicipal e que precisarán dun contacto directo e fluido entre ambas administracións para convertelas en realidade..

Amador Díaz valora esta xuntanza coma “un primeiro paso para que Xinzo de Limia consiga esas inversións que tanto precisa e que tristemente non poderíamos executar sen o amparo de outras institucións”. Tamén aproveitou a xuntanza para desexarlle sorte e acerto ó novo presidente da Deputación.

 

Reunión entre o Concello e a Deputación
Reunión entre o Concello e a Deputación