Xinzo de Limia

O Concurso de Patapas gaña o primeiro premio nacional

  • O Concurso de Patapas do Concello de Xinzo de Limia gaña o primeiro premio a mellor proxecto gastronómico.

  • Os Premios Nacionais da Pataca, promovidos pola revista Campo, poñen en valor diferentes aspectos do sector da pataca.

Imaxe da entrega de premios no I Concurso de Patapas
Imaxe da entrega de premios no I Concurso de Patapas

Xinzo de Limia, a 25 de xaneiro de 2024.  O I Concurso de Patapas da Limia gaña o primeiro premio ó mellor proxecto gastronómico durante os Premios Nacionais da Pataca, impulsados pola revista Campo a nivel estatal.

Logo do éxito colleitado polo Concurso de Patapas a nivel local, comezan a chegar recoñecementos externos á iniciativa promovida polo Concello de Xinzo de Limia en forma de xornadas gastronómicas. Cómpre lembrar que durante o concurso se cociñaron máis de 8.000 patapas, dinamizando 30.000€ durante dúas fins de semana históricamente baixas para a hostalería. Repartíronse 2.500€ en premios a 20 das persoas participantes no concurso, que pecharon o ciclo gastando estes cartos no comercio local. Ademais, o Concurso de Patapas superou tódalas expectativas en canto a impactos nas redes sociais e nos medios de comunicación.

Por último, queremos amosar o noso agradecemento público ós ideólogos dos Premios Nacionais da Pataca, ó xurado que nos escolleu como proxecto gañador, e por suposto, á veciñanza que participou do I Concurso de Patapas da Limia para convertilo nun éxito absoluto.