Xinzo de Limia Novidades

Simulacro de bomba no I.E.S. Cidade de Antioquía

Todo salió mellor do previsto

c5e66701-26b3-4937-ba29-ea06a574cb0b
Fotografía dos asistentes

Hoxe, día 1 de xuño, tivo lugar un simulacro de bomba no IES Cidade de Antioquía ás 11:00 da mañá.

 

Tanto profesores como alumnos, que non estaban ao tanto do simulacro, actuaron con corrección e tranquilidade tal e como manda o protocolo. Esta acción durou 3 min e 5 seg con grandes expectativas sobre o que ocorrería se, nalgún momento, sucedese un altercado real.

 

Con anterioridade a este simulacro, en concreto unha semana antes, tiveron lugar charlas, das que se encargaron Protección Civil, sobre o comportamento que deben ter, tanto profesores/ as como alumnos/ as, nestas situacións.

 

A este acto asistiron tanto o xefe como o subxefe provincial da D. G. T., a garda civil de tráfico, a policía local, medios sanitarios e o Alcalde López Casas xunto co Tenente Alcalde Manuel Cabas.