Xinzo de Limia Obras e Infraestruturas

Xinzo aposta por transformar a Praza de Abastos nun centro moderno e dinámico

  • O proxecto, valorado en 800.000 euros, inclúe novos postos e accións de promoción para revitalizar o comercio local.

  • A actuación transformará este espazo en referente do comercio galego, apostando pola modernización e a dinamización.

  • O alcalde de Xinzo destacou os resultados visibles nos espazos públicos e no futuro laboral dos participantes.

Visita ás actuais instalacións da Praza de Abasto
Visita ás actuais instalacións da Praza de Abasto

 

Xinzo de Limia, a 01 de decembro de 2024. O Concello de Xinzo de Limia deu un paso decidido cara á modernización e dinamización da súa Praza de Abastos cunha reforma integral que busca converter este espazo nun punto de referencia en Galicia para o comercio de proximidade. A actuación inclúe a creación de novas instalacións modernas e adaptadas, con máis postos e actividades que promoverán unha interacción máis viva entre comerciantes e veciños.

O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, destacou durante a visita do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o carácter estratéxico deste proxecto: “A nosa praza de abastos representa moito máis ca un lugar de compra; é un motor de revitalización económica e social. Este proxecto, que forma parte da nosa visión de futuro, compleméntase con outras iniciativas de grande envergadura, como a humanización completa do casco histórico a través do plan HURBE e a reforma integral da travesía da estrada nacional ao seu paso por Xinzo. Entre todos, estamos construíndo unha vila máis atractiva e funcional para os nosos veciños e visitantes.

Durante a visita, na que tamén participaron o tenente de alcalde Antonio Fernández e o concelleiro de obras Ramón Gómez, presentouse un proxecto avanzado que conta cun orzamento estimado de 800.000 euros. O director xeral recoñeceu a aposta clara do Concello pola modernización e a súa visión ben definida, sinalando que a Praza de Abastos de Xinzo está chamada a converterse nun referente no ámbito do comercio galego.

A actuación enmárcase nunha estratexia máis ampla do Concello para mellorar espazos clave da vila, garantindo un impacto positivo tanto para os comerciantes como para a veciñanza. Agora, o equipo municipal traballa na consecución do financiamento necesario para facer realidade este proxecto, afondando na súa aposta polo desenvolvemento sostible e a dinamización do comercio local.

Actual Praza de Abastos
Actual Praza de Abastos
Consultando o novo proxecto
Consultando o novo proxecto

 

1/7
1/7
2/7
2/7
3/7
3/7
4/7
4/7
5/7
5/7
6/7
6/7
7/7
7/7