Exhibición de Salvamento acuático deportivo
O sábado 20 na piscina climatizada de Xinzo

A Asociación Deportiva Limiactiva, en colaboración co clube Salvour e a Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia, organiza unha clase de exhibición de Salvamento Acuático Deportivo na que poderán participar @s mairores de 10 anos que desexen coñecer esta modalidade deportiva.
Será o próximo sábado día 20, ás 18:00 h na Piscina Climatizada de Xinzo de Limia.
As prazas son limitadas e é necesaria a inscrición previa na páxina web www.limiactiva.com