Xinzo de Limia Piscina Climatizada

Novos cursos de natación na piscina climatizada

Obras de mellora e acondicionamento por valor de 30.000 € realizadas de cara a nova tempada

IMG-20180824-WA0005

Este mes de setembro comezan os cursos de natación na Piscina climatizada de Xinzo de Limia. Impartiranse en tres horarios diferentes: luns e mércores, martes e xoves, e sábados. As inscricións xa están abertas!

Os cursos comezarán a principios de setembro para os adultos e o día 15  para os cativos e cativas. Dende bebés ata adultos teñen cursos aos que asistir. Os dos adultos comezan a partires das 07:15h e hai un cada 45 minutos, que é o que duran. Para os máis novos os cursos comezan as 16h e duran 30 minutos para os nenos de entre 3 e 5 anos e 45 minutos para os maiores de 6 anos.

NOVOS FILTROS DE AUGA

IMG-20180824-WA0007

Para evitar os riscos evidentes de calquera instalación pública na que se emprega a auga, como é o caso das  piscina climatizada , a concellería  de deportes, responsable do edificio e da  súa actividade aproveitou o parón de mantemento para cambiar os filtros  da auga. Esta acción é a primeira vez que se fai dende a construción da instalación.

Inversión de 30.000 euros

O cambio dos filtros e as outras melloras que se levaron a cabo supuxeron unha inversión de 30.000 € co que se mellora substancialmente a calidade da auga e as condicións sanitarias en xeral de toda a instalación deportiva municipal.