Obras de mantemento e mellora da piscina climatizada
Permanecerá pechada dende o 30 de xullo ata o 19 de agosto

Dende mañá luns día 30 de xullo ata o domingo 19 de agosto estará pechada ao público as instalacións da piscina climatizada municipal para facer a limpeza xeral anual, o baleirado do vaso como esixe as normas de Sanidade, acondicionamento dos azulexos do mesmo e montaxe dos tres novos filtros de area para mellora da calidade da auga de baño. Tamén se colocará a tarima no novo ximnasio para poder abrilo en breve.
Tamén a principios do vindeiro mes pecharase o pavillón municipal para limpeza xeral de toda a instalación e acondicionamento da pista de xogo, con decapadado e encerado da mesma.