O pavillón e a piscina climatizada contarán cun desfibrilador

A partir do momento en que técnicos municipais de deportes teñan a titulación necesaria, instalarase un desfibrilador que cubra as necesidades da piscina climatizada municipal e máis o pavillón polideportivo cuberto.
Xa se solicitou do 061, organismo que imparte os cursos e da a titulación para que canto antes persoal municipal interesado acade o título correspondente que ós habilite para poder utilizar o aparato der ser necesario.
Tamén no mesmo programa inclúe a instalación en breve doutro aparato desfibrilador no complexo polideportivo da Moreira.