Xinzo de Limia Piscina Municipal

COMEZA O VERÁN 2023

XINZO DE LIMIA INAUGURA ESTE SÁBADO AS PISCINAS EXTERIORES

O Concello de Xinzo de Limia inicia a tempada de verán coa apertura das piscinas municipais exteriores este sábado, día 1 de xullo.

Amador Díaz e Cristina Campero
IMG_1846

Xinzo de Limia celebra a chegada do verán coa apertura das súas piscinas municipais de exterior, listas para acoller á veciñanza dende este sábado 1 de xullo. As instalacións, un recuncho de frescor durante os meses máis quentes, estarán operativas durante xullo e agosto, incluíndo fins de semana e días festivos, no horario de 12.30 a 20.30 horas.

Nos últimos días, o Concello de Xinzo de Limia asumiu plenamente os esforzos de acondicionamento, facendo reparacións tanto nos vasos das dúas piscinas como na zona de xardíns que as rodean. Estas accións confirman o compromiso do consistorio coa calidade de vida das veciñas e dos veciños, así como a posta en valor da auga e da súa importancia para a vida.

Durante a visita de supervisión das instalacións, a concelleira de Deportes, Cristina Campero, e Amador Díaz, alcalde de Xinzo, aseguraron que todo está preparado para a inauguración. Cristina aproveitou para agradecer aos socorristas polo seu "traballo incansable, a súa capacidade de diálogo e adaptabilidade", resaltando a súa contribución clave ao elaborar os horarios das quendas.

O Concello de Xinzo de Limia convida a toda a veciñanza a disfrutar das súas piscinas municipais e a aproveitar a tempada de verán ao máximo, sempre con responsabilidade e respecto polas medidas de seguridade.