Xinzo de Limia Plenos

O Concello aforrará o 30% da factura da luz no ano 2024

  • O orzamento do Concello de Xinzo para o 2024 conta cuns ingresos de  8.405.000€ e con gastos por valor de 8.211.000€. 

     

Pleno Ordinario do 08/02/2024
Pleno Ordinario do 08/02/2024

Xinzo de Limia, a 08 de febreiro de 2024.  Hoxe presentáronse as contas xerais do Concello de Xinzo de Limia para o ano 2024, cuns ingresos por importe de 8.405.000€ e cun gasto de 8.211.000€ .

Durante a sesión plenaria de hoxe, aprobouse a recuperación do Local Social de Morgade, anteriormente xestionado pola Fundación San Rosendo e que agora pasa a formar parte da rede municipal. Dende a Concellería de Servicios Sociais son varias as ideas para darlle vida a este local e moi pronto serán concretadas. 

Outro dos puntos destacados foi a aprobación da terceira prórroga do contrato anual de suministro eléctrico, o que suporá neste 2024 un aforro para as arcas do Concello dun 30%. O Concello lembra que faltan por instalar unhas 500 desas 4650 luces LED que se espallaron por todo Xinzo. Este cambio de luminarias, ó igual que se fixo dentro do pavillón, favorecen o aforro enerxético que se traduce en máis cartos para outros gastos municipais.