O Concello pagará tódalas facturas atrasadas dende o ano 2020
-
Aprobouse durante o pleno de carácter extraordinario e urxente celebrado o día 05 de marzo.
-
Saíu adiante cos votos a favor do grupo de goberno e coa abstención dos partidos da oposición.
Xinzo de Limia, a 05 de Marzo de 2024. Durante a sesión plenaria de carácter extraordinario e urxente celebrada hoxe no Concello de Xinzo de Limia, aprobouse o pago de facturas atrasadas por un importe total de 367.000€.
O punto saíu adiante sen os votos a favor da oposición. Gracias a esta medida proposta polo goberno de Xinzo, aqueles proveedores e pequenas empresas que teñen facturas pendentes de cobro do Concello, algunhas dende o ano 2020, recibirán por fin o seu pagamento.
Segundo o alcalde Amador Díaz, preténdese “que non se garden facturas no caixón e que as empresas poidan cobrar pronto ó tratar co Concello de Xinzo”. Durante o pleno, a interventora tivo a oportunidade de explicar os pormenores do recoñemento extraxudicial de crédito, que é a figura empregada para poñer fin a estes impagos.