Xinzo de Limia Plenos

Pleno ordinario para sorteo dos compoñentes das mesas electorais para as eleccións municipais e europeas

Felicitacións ao PSOE polo resultado das elección xerais

Pleno ordinario 29.04.19
Pleno ordinario 29.04.19

O pleno ordinario celebrado na mañá do luns solo 12 horas despois de coñecidos os resultados das elección xerais serviu para que o alcalde felicitara polos resultados ao PSdG-PSOE e a súa representante no plenario Elvira Lama.

Todos os portavoces dos partidos felicitaron tamén a Sra. Lama que agradeceu aos compañeiros e o alcalde a súa felicitación.

Despois do sorteo dos membros das mesas para as elección do 26 de maio tratáronse os dous primeiros puntos seguintes que eran  unha modificación de crédito por importe de 78.175 € para axuda no fogar  e outro de 61.475 para pagar a cota de pertenza ao consorcio de bombeiros da comarca.

Todos os membros da oposición abstivéronse, non por non querer facer os pagos, se non porque segundo o BNG, os bombeiros tiña que ser un servizo da Xunta de Galicia, non estar privatizado. Para o representante de XA,  porque dende un principio xa dixeron que non estaban de acordo con esta maneira de actuar, aínda que si están de acordo en pagar as debedes.

Para a portavoz dos Socialistas esta é a terceira transferencia para axuda no fogar, estando de acordo en que as persoas sexan antes que as inversión. Rexeitou que se faga dos presupostos do 2019, cando teñen remanente do 18.  Esperemos que en menos de 24 días os veciños nos poñan a cada un no lugar que nos corresponde.

O seguinte punto da orde do día referíase a unha modificación puntual do PXOM en Baronzás. Todos os grupos coincidiron, ata o de goberno en que fai falla unha revisión do PXOM de Xinzo, que data do 2003. Votaron a favor deste punto o grupo de goberno e o XA, absténdose PSOE e BNG.

Despois foi presentada unha moción do grupo de goberno do PP na instar  ao Ministerio de Sanidade  a impulsar unha norma que axilice os procedementos de acreditación de médicos que permita a inserción no sistema, posto que segundo explicou o alcalde en 5 anos haberá un alto número de xubilacións e en 10 anos máis do 50% dos facultativos de primaria, así como pediatras,  estarán xubilados en Galicia, o que producirá un problema grave de non haber incorporacións rápidas. 

Comezaron unhas amplas intervención dos portavoces da oposición . O BNG comezou dicindo que todos os camiños da política sanitaria do PP trouxeron como fin último a privatización e o desmantelamento da sanidade pública.

O representante de XA, na súa primeira intervención apuntou unha serie de contradicións que atopaba na argumentación da moción , posto que nun momento se dicía que a Sanidade Galega estaba moi ben, para o momento seguinte solicitar unha mellora.

A representante do PSOE , acusou ao PP, de que agora como non vai a gobernar queren instar ao Ministerio, cando as competencias sanitarias están transferidas a nosa comunidade. Tamén dixo que esta era unha moción da “fabrica”para lavar a cara do PP, pero continuou dicindo que a cara do PP non se lavaba nin con lixivia, nin con xabón. Os tres portavoces gardaron os seus seguintes argumentos para a réplica, despois de escoitar ao portavoz do grupo popular na súa defensa da moción.

Tomou a palabra o estreado portavoz do PP Ricardo Sieiro, despois da renuncia de Carlos Gómez para dar comezo a lectura dun informe da situación actual da Sanidade Galega con cifras, datos  e porcentaxes, lectura que durou case que 20 minutos, durante os cales todos os concelleiros, incluídos os do grupo de goberno optaron por atender outras cuestión, ata que rematou a lectura.

Tomaron a palabra outra vez os portavoces para tamén argumentar con datos mais extensos que na intervención anterior, a situación para eles “calamitosa” situación dos distintos servizos da Sanidade Galega, tanto a nivel de ambulatorios, hospitais e servizos como os de pediatría, enfermería e fisioterapia. Todos votaron en contra da moción, excepto os membros do partido que a presentara, o PP.

No apartado de rogos e preguntas o portavoz do XA, Sr. Pérez Campos preguntou polo sistema “selectivo” de desbroce en algunhas rúas de Xinzo así como reclamar ao goberno máis atención ao parque do Toural onde un rapaz foi picado por carrachos, tendo que acudir a urxencias e recibir medicación durante un mes.

A resposta do alcalde foi a de que os responsábeis dos cans que van alí, non son os animais, interpelando o Sr. Pérez con que si lle fixeran caso a súa proposta de facer un parque para cans, iso non tería acontecido.

Elvira Lama portavoz do PSOE interesouse polo custe das dúas intervención no parque do Pombal e a situación en que quedaron as obras, preguntando ao alcalde si tomará cartas no asunto antes de que remate esta lexislatura, para despedir o pleno dicindo que o tempo do Partido Popular esta a piques de rematar.

Levantouse a sesión despois de dúas horas e media de sesión, sendo esta a última ordinaria desta lexislatura.