Xinzo de Limia Policía Local

XINZO DE LIMIA TEN NOVO INSPECTOR XEFE DA POLICÍA LOCAL

José Manuel Estévez Franco, veciño da Coruña, é dende hoxe o novo inspector xefe da Policía Local de Xinzo de Limia.

Amador Díaz e José Manuel Estévez, asinando diante dos cabos da Policía Local e da secretaria do Concello
Amador Díaz e José Manuel Estévez, asinando diante dos cabos da Policía Local e da secretaria do Concello

O Concello de Xinzo de Limia volve a ter un inspector xefe na Policía Local. Durante a reunión mantida no día de hoxe, Amador Díaz, alcalde de Xinzo, asinou a incorporación inmediata de José Manuel Estévez á agrupación local da Policía.

José Manuel Estévez Franco (42 anos) naceu na Coruña e comezou o seu percorrido no corpo da Policía Local na cidade de Ourense, en 2012, para posteriormente converterse en oficial da patrulla planificada no Concello da Coruña. Na actualidade regresa á nosa provincia para ocupar o máis alto cargo da Policía Local en Xinzo de Limia, cubrindo a vacante que deixou Germán Bolaño despois da súa xubilación en 2021.

O rexedor local aproveitou o encontro para “desexarlle sorte e acerto neste novo reto cheo de responsabilidades”.