Xinzo de Limia Polideportivo

Comezan as actividades das escolas deportivas municipais

A sección de Ximnasia Rítmica comezará o día 3 de setembro

2018082920521196169
2018082920521196300

O Clube Deportivo do Concello de Xinzo de Limia na súa sección de Ximnasia rítmica comeza os seus cursos o vindeiro 3 de setembro, e durante todo o mes haberá portas abertas para quen queira anirmase a probar.

Coma sempre, as clases impartiranse no Pavillón Municipal de Deportes, e serán os lunes e mércores as clases. As sesións serán toda a tarde con diferentes horarios para adecuarse as idades dos rapaces e rapazas.

Ás 15.45h será para os nados no 2012 e 2013, ás 17h para os nados no 2008-2009 e 2010-2011. Logo, a partires das 18:30h comezarán para os nados 2004-2005 e 2006-2070. Finalmente ás 20h sera para os nados no 2003 e anteriores.

Pretempada de fútbol 2018 das E.D.C Xinzo

Os das categorías Cadete e Infantil A e B xa empezaron o pasado 16 de agosto mentres que as categorías inferiores comezarán os vindeiros días 30 e 31 de agosto.

As categorías Cadete (nados de 2004 e 2003) e Infantil A (nados 2005) e Infantil B (2006) das escolas deportivas de fútbol da E.D.C Xinzo comezaron os adestramentos de pretempada o pasado 16 de agosto. As categorías inferiores: Alevín A (nados 2007), Alevín B (nados 2008) que comezarán os días 31 e 30 respectivamente; as categorías Benxamín A (nados no 2009) e Benxamín B (nados no 2010) comezarán os días 30 e 31 respectivamente tamén e a categoría Prebenxamín (nados no 2011) o día 31.

Todos os adestramentos comezarán as 16:30h excepto os dos Alevín A que comezarán as 18h. Todos os adestramentos serán nas instalacións do José Antonio Fernández Carrera.

2018082920530134300