Xinzo é a partir de hoxe unha das sedes fixas da Federación Galega de Baloncesto
Para o desenrrolo de eventos , probas, campionatos e clinics
A Federación Galega de Baloncesto sumou un novo aliado para o fomento das súas actividades e da práctica deste deporte. O Concello de Xinzo de Limia, e o club local desta vila, A.B. Xinzo; son desde esta mañá de mércores, 13 de marzo; en virtude dun acordo asinado entre as tres institucións, un novo apoio oficial para a entidade federativa.
O Alcalde da localidade, Manuel Cabas; a Presidenta do Club, Rosa Morales; e o propio Presidente da FGB, Francisco Martín; rubricaron un convenio polo que a vila ourensá se convirte en nova sede para as diferentes actividades de índole deportiva que a FGB poida celebrar nesta localización. Iniciativas para a promoción do Baloncesto, convocatorias de tecnificación, cursos de adestradores ou accións de formación arbitral serán algúns dos novos eventos a celebrar nas instalacións deportivas de Xinzo da Limia, todo cunha vixencia dun ano, con posibilidade de renovación.
Manuel Cabas manifestou a importancia desta firma por dous motivos, o primeiro de cara a canteira de xogadores e xogadoras da vila, que terán oportunidade de
prsenciar e participar en competicións, adestramentos e clinics na súa casa, o que redundará na evolución tanto individual como en equipo de todos os pertencentes a o club A.B. Xinzo. Por outra banda para a propia vila que desta maneira se verá beneficiaria dunha maior cantidade de visitantes, acompañantes dos participantes, que a coñecerán nas celebracións das distintas actividades que se programarán ao longo dos vindeiros anos.
Na sinatura deste acordo, do que se espera que se materialice nunha breve marxe de tempo, tamén estiveron presentes amosando o seu compromiso: Luis M. Gil, Concelleiro de Deportes; David Fernández, Director Técnico do Club; e Susana Fernández, Secretaria Xeral FGB.