Xinzo de Limia Sala de Exposicións

Inaugurada a exposición “Mulleres con Historia”

Estará aberta na Casa da Cultura at o día 7 de xaneiro

IMG_7541

Silvia Blanco concelleira de Servizos Sociais, Carlos Gómez e Jane Liz Peña, responsable de FEMURO, foron os encargados de presentar ao público asistente  a presentación  do vídeo “making of” da montaxe da exposición  titulada “Mulleres con Historia” composta por varios paneis con fotografías con mulleres do rural da zona de Verín e Xinzo de hoxe en día que representan a mulleres que ao longo da historia representan os valores  da muller, traballadora, loitadora e demais valores, co único fin de darlle visibilidade. Visibilidade, que segundo as organizadoras, nin a historia, nin os libros as puxeron en valor, como si fixeron cos homes que fixeron cousas co mesmo valor e importancia, pero que sen embargo, si están meses libros que falan da historia universal.

Todo o que se faga para erradicar a violencia de xénero, aínda que sexa pouco, é moi importante, para algún día erradicar totalmente esa lacra social.

A concelleira Silvia Blanco agradeceu a FEMURO e a todas as mulleres que participaron neste traballo o traer a Xinzo esta exposición, que non dubida que será moi visitada e que porá un grao de área para darlle mais visibilidade as mulleres da historia pasada , da presente e do futuro.

EXPOSICIÓN E CALENDARIO

IMG_7531

Jane Liz, como responsable do funcionamento de FEMURO (Federación de Mulleres Rurais de Ourense) con 70 asociacións adscritas, falou do traballo que levan a cabo para axudar a mulleres en risco de exclusión e moitas outras accións encamiñadas a conseguir a igualdade entre homes e mulleres. Este é un dos eixos principais de todas as súas actuacións entre as que este ano se levaron a cabo como é esta exposición e a edición dun calendario con mulleres de asociacións da Limia e Verín  na que traballaron durante moito tempo para sacar Adiante estes dous proxectos, dos cales están moi satisfeitas.

Agradeceu ao concello de Xinzo a oportunidade de presentar a exposición na nosa vila e espera que sexan moitas as mulleres e homes que pasen a visitar a exposición.

Para rematar explicou un pouco o vídeo dos traballos preliminares a confección da exposición onde participaron rapazas e mulleres da Limia da man do fotógrafo tamén de orixe limián Boris.

Rematado o acto, trasladáronse ata a sala de exposicións onde a responsable de FEMURO explicou cada un dos paneis aos presentes.