O 8M chega ó obradoiro de emprego de Xinzo
-
A formación “Educando dende a Igualdade de Xénero” está dirixida ao alumnado do Obradoiro dual de Emprego dos Concellos de Xinzo de Limia e Sandiás.
-
O Obradoiro estará impartido por José Luís Saburido Novoa, director e psicólogo do CIM de Xinzo de Limia.
Xinzo de Limia, a 07 de Marzo de 2024. Os días 7 e 8 de Marzo de 2024 o Concello de Xinzo de Limia, a través do CIM, coincidindo coa Conmemoración do Día Internacional da Muller, impártese dende as 9:00 horas a Formación “Educando dende a Igualdade de Xénero”, dirixido ao alumnado do Obradoiro dual de Emprego dos Concellos de Xinzo de Limia e Sandiás.
Os obxectivos do obradoiro son: promover a igualdade, sensibilizar e concienciar ó alumnado da formación sobre a problemática que representa a violencia de xénero para a sociedade. Para elo abordaranse conceptos como xénero, sexo, identidade de xénero, estereotipos de xénero, proceso de socialización, sexismo, machismo, feminismo, hembrismo, discriminación laboral, segregación ocupacional, teito de cristal, acoso sexual, discriminación vertical, empregabilidade, empoderamento, igualdade de xénero, violencia de xénero, ciclos da violencia ou indicadores para a detección da violencia.
Outro aspecto no que se vai facer fincapé é o da educación en igualdade, así coma o ámbito de intervención no sistema educativo nos casos de violencia, sen deixar de lado o papel das mulleres na sociedade nos seus distintos ámbitos: social, familiar e laboral.
Tamén se reflectirá a importancia do CIM na promoción da igualdade, na prevención e no tratamento integral das vítimas de violencia contra as mulleres, os servizos que oferta, así coma as campañas de sensibilización, os programas e os diferentes recursos dirixidos ás mulleres.
O obradoiro completarase coa proxección de dúas películas nas que se reflicte a problemática da violencia de xénero na sociedade, e o seu debate posterior co presoal técnico do Obradoiro, o equipo directivo e o alumnado do curso, e no que se abordarán aspectos impartidos no obradoiro, especialmente aqueles relacionados coa violencia de xénero e a importancia das mulleres na sociedade.
O Obradoiro “Educando dende a Igualdade de Xénero” está impartido por José Luís Saburido Novoa, director e psicólogo do CIM de Xinzo de Limia.