Xinzo de Limia Servicios Sociais

BENQUERER: A nova aposta de Xinzo pola igualdade e o respecto

  • A través da educación e obradoiros, BENQUERER busca promover prácticas de igualdade e bo trato en Xinzo.

  • A Liña Malva, un servizo de atención teléfonica continuada, tamén forma parte da iniciativa BENQUERER.

Programa BENQUERER e Liña Malva
Programa BENQUERER e Liña Malva

Xinzo de Limia, a 13 de agosto de 2024. O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres, puxo en marcha BENQUERER: un programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

Esta iniciativa do Concello de Xinzo de Limia ten como obxectivo promover a igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero a través da educación nas prácticas e valores de bo trato como modelo alternativo ao maltrato para a construción de vínculos igualitarios. Dende BENQUERER fomentarase a resolución positiva de conflitos, o reparto de tarefas e responsabilidades, o diálogo, a non discriminación e o respecto á diversidade.

O programa inclúe obradoiros dirixidos o público en xeral que complementarán no mes de setembro con actividade nos colexios e institutos de Xinzo coordinadas dende o CIM.

O programa BENQUERER inclúe tamén a Liña Malva, un servizo de atención continuada a través dunha liña telefónica para a información, asesoramento e primeira atención en situacións de maltrato, relacións, saúde e sexualidade. Un servizo posto a disposición en horario amplo (de 9 a 21h) no 669945220, atendido por profesionais especializadas que brindan escoita, cercanía, confianza, libres de xuízos e facilitando a comunicación e a atención.

Este proxecto do Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.