O Entroido de Xinzo de Limia é un dos máis importantes en canto á carga ritual. É o máis longo de toda Europa, cunha duración dun mes. Os días principais son o domingo, luns e martes de Entroido. Como dato de interese, apuntar que esta festa de Xinzo está calificada como "Acontecemento turístico nacional" polo Ministerio de Turismo de España.
O Entroido de Xinzo ten unha duración de cinco semanas, nas cales celébranse: Domingo Fareleiro, Domingo Oleiro (celebracións exclusivas desta vila), Domingo Corredoiro, Domingo, luns e Martes de Entroido e Domingo de Piñata.
Debido á gran atracción turística que supón este acontecemento, decidiuse que os sábados que anteceden aos domingos de celebracións, tamén fosen de festa, comezando polo sábado de pertardazo que dá comezo á celebración, seguido do Domingo Fareleiro, no que as persoas lánzanse fariña utilizándoa como elemento máxico e animista que “limpa” co seu po branco. Antes do Domingo Oleiro, celébrase o Sábado do desfile e colgamento do meco, que se levanta como unha especie de símbolo entroideiro galego en contra da autoridade. Hoxe en día serve para facer burla de personaxes actuais, representando o humor especificamente galego.
O Domingo de Oleiro é un día onde no que se representa a virilidade masculina buscando, de entre os homes do pobo, ao máis hábil no labor de lanzar e recoller as típicas olas de barro. No 2017, as mulleres comezaron a participar activamente neste evento.
O sábado anterior ao domingo de Corredoiro, celébrase a Noite de Corredoiro, na que as os homes han de ir vestidos como mulleres e que se instaurou como unha das noites festivas máis importantes dos días previos ao carnaval, debido ao comezo da actividade e espírito festivo.
O Domingo de Corredoiro é o primeiro día onde saen á rúa as típicas máscaras do Entroido de Xinzo. Antes non poden saír, está prohibido. A Pantalla é a máscara tradicional de Xinzo, case un símbolo do pobo a nivel internacional cuxo cometido é ser o gardián do carnaval, provocando que todo o mundo forme parte activa da festa. O traxe típico consta da máscara pintada con esmaltes, fabricada en papel, fieltro, cartón e engrudo, camisa e pantalón branco, faja vermella, polainas negras de veludo, pana ou fieltro, cinto de campás e cascabelas, luvas, vejigas de vaca, capa e zapatos negros.
A Pantalla representa unha especie de ser supraterrenal con ceño engurrado que, paradóxicamente, tamén sorrí de forma satírica. O seu comportamento e actividade principal case única é o baile, que é a súa forma de comportase. A Pantalla danza a paso rítmico, entre saltando e camiñando, coas costa un pouco curvada, os brazos abertos e as pernas arqueadas.
Tras todo isto celébrase a semana de Entroido, na que se realizan diversas actividades, a xente disfrázase de personaxes peculiares e dramatizan o papel ata en exceso, esaxerando ou satirizando os comportamentos e roles de cada personaxe caracterizado.
A semana de carnaval, no resto da Península, terminaría co enterro da sardiña, pero outra das peculiaridades do Entroido de Xinzo é que aínda se alarga un día máis, ata o Domingo de Piñata, no que a festa dáse por terminada e realízanse actividades infantís, soan charangas, etc.