Xinzo de Limia Xinzo de Limia

Mosteiro de Trandeiras

O mosteiro de Trandeiras é un deses bens que loitan por sobrevivir ó tempo mentras se debate seu porvir. Igrexa, claustro, cociña, sacristía dependencias, cortes, locais, graxeiros e bodega repártense os 1800 metros cadrados do cenobio.

 

IMG_1331

 

Ainda así, os restos chegaron ata os nosos días e que podemos admirar. A igrexa dunha soa nave e cabeceira poligonal foi reconstruída despois do incendio de 1668 e chegou ata os nosos días como igrexa parroquial.

Antes do incendio o templo cubríase de madeira a duas augas, pero despois do incendio cubriuse con unha bóveda de cañón sobre arcos faxons. A capela maior cubrese con bóveda de crucería propia do século XVI. De admirar son as ruinas dos claustros e dependencias que se encontran en estado de abandono. Non debemos perdernos o xardín co estanque, a pila, a fonte de pedra e a fonte excavada na roca, onde se encontra un canal subterráneo que leva a auga ata unha pequena piscina adicada ó regadío dos campos.

A súa fermosa fachada componse dunha magnífica portada dividida por dous contrafortes. As arquivoltas encóntranse perfectamente decoradas con iconografía da época románica. Adosada a portada edificouse posteriormente o claustro do mosteiro do que hoxe só quedan estos arcos adosados. No interior da igrexa encontranse seplucros onde se enterraron cabaleiros de Santiago no século XII.

Son a destacar as pinturas góticas que decoran o altar maior e seu posible risco de desaparición se non se toman as medidas oportunas. Nel representanse ó arcanxel San Gabriel e a Virxe María. Na bóveda representase a Xesús entre os reises da época, Xoan II de Castela, María de Aragón e seu fillo Enrique, futuro rei (Enrique IV). Estos frescos foron creados para conmemorar o ano santo xacobeo de 1434.

No interior da igrexa é un magnífico museo composto de esculturas góticas e retablos de pedra de gran valor. Con sorte encontraremos a persoa que mais sabe desta igrexa, e non é outro que o párroco. O mosteiro aledaño encontrase deteriorado e en estado de abandono, polo que non se pode visitar. Segundo a lenda, a Virxe apareceuselle a un veciño neste lugar. Ela díxolle que debía construir unha igrexa para súa advocación. Debeu acontecer alá por o século XIV ou XV, pero non é ata o XVI cando se decidiu construír o convento, concretamente en febreiro de 1520. Antes de acabarse xa habitaban nel un monxe e un guardián. No ano 1668 o edificio foi vítima dun incendio, o que propiciou a súa decadencia. Aínda así non foi ata a invasión francesa cando se abandonou o convento. Estos destrozaron o mosteiro e asasinaron a varios relixiosos.

 

INFORMACIÓN SACADA DA PÁXINA WEB, GALICIA MÁXICA