Xinzo de Limia Servicios Sociais

Concellería Servicios Sociais, Igualdade e Benestar

 

Datos Xerais

Concelleira: María Ángeles Martínez Marra

Dirección:  Avda. de Ourense, 19 (Estación de autobuses)
Telefono: 988 550 528
Fax: 988 550 112
Correo electrónico:  [email protected]
Horario ATENCIÓN AO PÚBLICO: Luns a venres de 09:00 a 13:00 (Previa cita)

 

SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS

Os Servizos Sociais Comunitarios representan a principal sinal de identidade do Sistema  Público de Servizos Sociais, constituíndo un dispositivo de excepcional importancia para dar resposta ás necesidades sociais básicas dos nosos cidadáns.

Os Servizos Sociais Comunitarios deben garantir unha atención próxima e personalizada, de referencia territorial local, dirixida a favorecer a permanencia das persoas no seu entorno socio-familiar e responder as súas necesidades, demandas e expectativas ca finalidade de crear mellores condición de vida para as mesmas.

Mediante un conxunto de programas, servizos e actividades , dirixidas a individuos, grupos e comunidade en xeral, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade pretende, de acordo coa normativa vixente, garantir o acceso aos recursos sociais dende a proximidade nos ámbitos de maiores, discapacidade, igualdade, infancia, familia, inclusión e servizos comunitarios.

Actualmente, e co afán de prestar os mellores servizos aos nosos cidadáns, o persoal dependente da Concellería de Servizos Sociais e igualdade do Concello de Xinzo de Limia está formado polos seguintes profesionais:

  • Tres Traballadoras sociais.
  • Dous Educadores Sociais.
  • Once Auxiliares de Axuda no Fogar
  • Un Graduado Social
  • Dous Psicólogos (un deles exerce como coordinador do CIM)
  • Unha Asesora Xurídica

 

TELÉFONOS DE  INTERESE

  • Policía Local Concello de Xinzo: 626 998 550
  • Emerxencias de Galicia: 112
  • Muller maltratada: 900 400 273
  • Teléfono xove: 902 152 535
  • Teléfono do maior: 900 333 666
  • Teléfono do menor: 900 333 666
  • Cruz Vermella Xinzo: 988 462 541
  • Protección Civil Xinzo: 629 470 812
  • Guarda Civil Xinzo: 988 462 361
  • Parque de Bombeiros: 988 462 538
  • Centro de Saúde Xinzo: 988 462 200