Xinzo de Limia Turismo

O Concello habilitará unha partida orzamentaria para a festa do ESQUECEMENTO 2017

Carlos Gómez espera que polo menos sexa de 5 cifras

Esquecemento1
Acto protocolario cos invitados a festa

Na mañá do domingo, último día da festa do ESQUECEMENTO  2016 nun acto protocolario no que entre outras autoridades locais (Alcalde e concelleiros do grupo de goberno) atopábanse o Pte. da Asociación Española de fiestas y recreaciones históricas ,Antonio Madrid e a Tenente alcalde do Concello de Lugo Mª Carmen Basadre , así como outros representantes de festas de España e como non a Pta. De Civitas Limicorum e membros da xunta directiva, antes da entrega de agasallos tomou a palabra Carlos Gomez, para agradecer a visita de todos eles e aproveitou a ocasión para lanzarlle un reto ao alcaldeNon cree,  que despois de 16 anos esta festa debería ter partida presupostaría  nos vindeiros presupostos do Concello?.

CONFIRMACIÓN DO ALCALDE

Esquecemento2

Na súa intervención, como peche do acto ademais de agradecer enormemente a presenza do Pte. da asoc. española polo apoio institucional que isto supón para a festa e para Xinzo, recolleu o guante do concelleiro afirmando que a festa do ESQUECEMENTO 2017, contará cunha partida nos presupostos.

EN EUROPA PREGUNTAN POR XINZO

Na intervención do Pte. Antonio Madrid, que estaba sorprendido na súa visita , polo trato recibido, incluso de madrugada. Afirmou que nas reunións  europeas de festas en cidades capitais de provincia e ata de nación  pregúntanlle, que onde queda ese tal  Xinzo ,e a festa do Esquecemento. Rotundamente afirma que o futuro do turismo pasa pola diferenciación, para os que xa non queren praia  e esa diferenciación está en festas como esta.